Este martes 17 comezan dende Abruñeiras as andainas saudábeis do Programa Actívate de Noia

16 Marzo 2026

O Concello de Noia, a través da Área de Deportes, impulsa esta tempada un ciclo de itinerarios saudábeis ao servizo da veciñanza. Trátase do Programa Actívate, que inclúe cada martes (incluído este 17 de marzo) andainas saudábeis e curtas polo concello de Noia, en palabras da organización “unha oportunidade perfecta para saír a camiñar, facer actividade física e compartir un bo rato ao aire libre”.

As rutas son de menos de 5 km, pensadas para iniciarse ou para persoas maiores, e sairán ás 10:00 h desde a Porta do Concello.

A primeira andaina será este martes 17 de marzo en Abruñeiras.

As inscricións realízanse no Concello de Noia, presencialmente ou chamando ao 981 84 21 00.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.