O Concello de Noia activa unha nova edición do Concilia de Semana Santa

13 Marzo 2026

O Concello de Noia pon en marcha unha nova edición do Concilia de Semana Santa, un servizo pensado para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares.

A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril, no Pavillón e nas aulas do IES Campo de San Alberto, cun programa de actividades para que os nenos e nenas desfruten dun espazo seguro e dinámico durante as vacacións.

As familias poderán escoller entre diferentes opcións segundo as súas necesidades: madruga (07:45-10:00), concilia (10:00-14:00) e saída tardía (14:00-15:15). Ademais, haberá descontos a partir do segundo fillo ou filla.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de marzo e xa se pode realizar a solicitude a través da sede electrónica municipal ou presencialmente no Rexistro de Entrada do Concello de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.