A Xunta inicia unha campaña para evitar o ciberacoso que recalará en Noia

04 Marzo 2026

A Xunta de Galicia bota a andar este 5 de marzo no municipio lucense de Chantada unha campaña para evitar o ciberacoso entre a mocidade fomentado entre a rapazada “un uso responsábel e empático das novas tecnoloxías”. A iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolverase ata principios de abril en seis centros Xove das catro provincias, co obxecto de estendelo ao resto destes espazos que o Goberno galego ten por todo o noso territorio.

A campaña, impulsada desde a Dirección Xeral de Xuventude, arrinca como dixemos esta semana no Espazo Xove de Chantada, coa participación de alumnado de Educación Secundaria, que é, segundo remarca a Consellería, “en boa medida ao que vai dirixida esta iniciativa, xa que se ten en conta a importancia da concienciación nestas idades para incidir aos mozos e mozas nun bo uso destas tecnoloxías e tamén axudarlles a detectar e evitar un emprego incorrecto das mesmas”.

Tras este municipio, o programa desenvolverase tamén nos centros Xoves pontevedreses de Lalín, o 18 de marzo ás 16,30 horas, e de Tui, o 24 de marzo ás 11 horas. A continuación, celebrarase no coruñés de Betanzos, o 25 de marzo, e a o día seguinte, o 26 de marzo, organizarase no espazo Xove de Ourense, para rematar a campaña no mes de abril no municipio coruñés de Noia. En todo caso, o obxectivo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é estender o proxecto ao resto destes centros Xove que a Xunta de Galicia ten repartidos por todo o territorio da Comunidade.

Participación de creadores dixitais

A campaña basea a súa eficacia “na implicación activa da rapazada en dinámicas que favorezan o coñecemento das situacións de ciberacoso ou de risco, á vez que darlles ferramentas para saber como actuar se o sofren directamente ou recoñecen a outras persoas nesas situacións”, explicaron fontes da Consellería, engadindo que a dinámica incluirá a creación de grupos de debate con todos os participantes nos que compartirán respostas, estratexias ou actitudes que interpreten como correctas para previr e facer fronte a este tipo de comportamentos.

O obxectivo é poñelas/os “na situación de que alguén publique fotos súas sen o seu permiso, a mofa nun grupo de Whatsapp ou redes sociais dun compañeiro ou que unha persoa descoñecida os agregue nun multixogo en liña e lles pida falar a través dun chat privado”.

A continuación, crearán e consensuarán entre todos un manual con medidas contra o ciberacoso.

Ademais, nestas actividades faranse proxeccións de curtas que abordan estas cuestións e poráselles en contacto con testemuñas de casos reais que teñan sufrido ciberacoso. A campaña complétase coa participación de creadores de contidos dixitais afíns a estas franxas de idade que lles darán consellos de primeira man, como Paula Quintela, que participará nas cita de Lalín e Noia; Miguel Mandayo, que ademais de colaborar con contido de concienciación, asistirá ao Centro Xove de Lalín, e Santiago Caamaño coñecido como Champi Muros, quen estará presente na xornada que se celebrará en Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.