Noia inicia a mellora e humanización dos Xardíns Felipe de Castro

02 Marzo 2026

O Concello de Noia vén de iniciar as obras de mellora do pavimentado e humanización dos Xardíns Felipe de Castro, situados na Alameda de Noia, nunha actuación destinada a renovar un dos espazos máis céntricos e emblemáticos da vila.

O alcalde, Fran Pérez, destacou a relevancia do proxecto, sinalando que “trátase dunha obra na que estivemos traballando dende que chegamos ao goberno, hai seis meses”. O rexedor subliñou que esta intervención, xunto cos traballos de limpeza integral e melloras na contorna e o acondicionamento do Campo da Feira, “van supoñer unha mellora importantísima da imaxe dun lugar tan central para Noia como é o entorno da Alameda”.

Pola súa banda, o concelleiro de Obras, Manolo Siejas, explicou que o investimento ascende a preto de 90.000 euros e está financiado con fondos europeos con cargo ao PSTD (Plan de Sustentabilidade Turística en Destino). Segundo indicou, a actuación permitirá “un tránsito moito máis estilizado entre o casco histórico e a Alameda de Noia, dous puntos fundamentais da vila”.

Desde o Goberno municipal prevese que os traballos estean rematados a finais do mes de abril, coincidindo coa celebración de San Marcos, co obxectivo de que tanto a veciñanza como as persoas visitantes poidan desfrutar dun espazo renovado, máis accesible e mellor integrado na contorna urbana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.