O Concello de Boiro restablece as gardas de 24 horas na Policía Local

02 Marzo 2026

A Policía Local de Boiro recupera no mes de marzo as gardas de 24 horas durante toda a semana, segundo confirmou o Concello, engadindo que se trata “dunha medida mediante a que se vai reforzar a seguridade no municipio para garantir unha atención permanente e máis eficiente á veciñanza”.

Retomar o cadro de 24h os sete días da semana “foi posíbel gracias á cobertura de prazas que se veu realizando nos últimos anos pois, dende o ano 2019 cubríronse 12 prazas de axente, case o dobre das que se viñan cubrindo nos últimos vinte anos pois, entre 1995 e 2003 cubríronse 2 prazas, entre o 2003 e o 2011 foron 5 prazas e entre o 2011 e o 2019, ningunha”, explicou tamén o Concello, apuntando que “o feito de non ter cuberto as prazas conforme se producían xubilacións fixo que o cadro de persoal decrecese e vímonos obrigados a replanificar as quendas para poder prestar o mellor servizo”.

“Grazas ás novas incorporacións temos unha plantilla renovada e acorde ás necesidades de Boiro”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

O cadro da Policía Local conta na actualidade con 14 axentes, dous oficiais e catro auxiliares. O obxectivo do goberno local é seguir cubrindo as prazas vacantes “para así contar con outro oficial, un inspector e tamén un administrativo para cubrir todas as prazas recollidas na RPT”, recoñeceu o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.