As brigadas de Muros poñen a punto as infraestruturas de Tal

26 Febreiro 2026

Proseguen en Muros, aproveitando o relativo bo tempo desta semana, os traballos das brigadas municipais de obras para acondicionar as infraestruturas, equipamentos e redes viarias das parroquias, co fin de incrementar a seguridade e a funcionalidade, e tamén a conservación. Este días actuaron na parroquia de Tal.

Alí as brigadas realizaron a limpeza da arqueta e da fonte do Río do Cura e traballos de rozado da zona axardinada, entre outras tarefas, segundo explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Obras.

Esta mesma semana as brigadas tamén traballaron reparando estradas en Louro, arranxando as vías na Pallagueira, Saseiras, o Campo e no acceso á corredoira do Mestre, tamén en Taxes, Ventín, Lavandeira, Cuchariños, Sabila, A Moreira, As Laxas e San Roque. Mañá continuarán os traballos se o tempo o permite.

Dende o Concello explican que a sucesión de temporais do inverno provocou fochancas e necesidades de mantemento na rede de estradas e camiños de Muros, polo que se están a facer traballos intensivos de reparación do firme e acondicionamento en todas as parroquias de Muros.

“Na medida en que o tempo o permita, realizaremos actuacións de acondicionamento e mantemento dos espazos e infraestruturas públicas en todas as parroquias despois dun inverno de moitos temporais”, engadiu María Lago, alcaldesa de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.