Noia Histórica sortea o premio da Campaña de San Valentín: unha noite para dúas persoas no Faro de Fisterra

18 Febreiro 2026

A asociación empresarial Noia Histórica celebrou este martes 17 de febreiro o sorteo do premio da súa Campaña de San Valentín (14F): unha noite para dúas persoas no hotel do Faro de Fisterra, con almorzo incluído. A gañadora foi Isabel Morán que subiu 2 tíckets á web da patronal noiesa correspondentes a 2 compras diferentes, unha no establecemento Bebé Chico, na rúa Fray Lois Rodríguez, de artigos para bebés, e outra no establecemento de alimentación Basoñas Mar na praza Fanequeira. O obxectivo da campaña foi recompensar cunha noite romántica nun marco inigualábel a fidelidade da veciñanza cos establecementos de proximidade de Noia.

Dende Noia Histórica informaron a maiores que xa comezou a campaña dos Premios Molóns, “cos que queremos sortear experiencias e artigos que calen entre o público como os produtos de Apple sorteados no Nadal, o Spasinho de Outes, produtos de artesanía de Galicia, etc”.

A patronal rematou lembrando que en só 10 días de Campaña de San Valentín foron validados 1.000 tíckets de compra, o que dá unha idea clara do éxito de seguimento e participación da iniciativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...