O BNG de Dodro faise eco das demandas das persoas que necesitan vivenda

12 Xaneiro 2026
O portavoz Xoán Bautista Mariño acompañado por veciños canda a parlamentaria no Hórreo Saleta Chao e o parlamentario no Congreso Néstor Rego nunha visita analizando a situación da comarca do Sar

O BNG de Dodro rexistrou unha moción para o próximo pleno de xaneiro ante o que consideran “a grave situación actual do acceso á vivenda no municipio”.

Coma no resto de Galiza é preocupante a falta de planificación e previsión, explican, engadindo que “en todo o país observamos como soben os prezos tanto para comprar como para alugar mentres descende ou desaparece o acceso á vivenda pública” di o corpo da moción que defenderá o grupo municipal nacionalista.

Explican tamén que “nin a Constitución de 1978 (Artigo 47) nin a actual lei estatal 12/2023 de 24 de maio, polo dereito a vivenda dan solucións; e así as vivendas sociais no ámbito galego nestes últimos 14 anos son un páramo en materia de vivendas públicas”.

Os datos falan por si sós e o parque galego de vivenda pública en alugueiro que en Europa é o 9,3%, en Galiza non acada o 1%, recordan.

Dodro non é alleo por desgraza a esta realidade, apuntan, engadindo que “o esquecemento e abandono do noso rural tamén é a falta de vivenda digna para moitos colectivos que ven como escasean as vivendas fronte a un incontrolado boom de aloxamentos turísticos na nosa comarca”.

O voceiro local do BNG Xoán Bautista Mariño mostra tamén a súa preocupación “polas persoas mozas que teñen que atrasar a idade de emancipación polas súas dificultades para a incorporación ao mercado de traballo; preocupación que se estende ao drama de persoas separadas, en risco de perda da súa vivenda, persoas con poucos medios, persoas que teñen traballos temporais no noso municipio ou comarca ou persoas inmigrantes que non logran atopar vivenda digna”.

Por todo isto que lle trasladan as persoas afectadas, o BNG de Dodro quere o apoio plenario para que desde o goberno socialista en minoría, desde a Xunta e mesmo desde o Estado se cree unha bolsa de vivendas e se establezan liñas de axudas para a rehabilitación e creación de vivenda en Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.