A Deputación lembra que o prazo para solicitar as subvencións de patrimonio cultural remata o 21 de xaneiro

30 Decembro 2025

A Área de Patrimonio da Deputación da Coruña lembra aos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes que o prazo de presentación de solicitudes para o programa de subvencións destinado a actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural —público ou de xestión municipal— remata o vindeiro 21 de xaneiro ás 14:00 horas. Todas as solicitudes han presentarse telematicamente a través da plataforma SUBTEL.

A convocatoria, dotada cun orzamento total dun millón de euros, “ten como finalidade contribuír á protección, recuperación e conservación de distintos elementos patrimoniais da provincia como legado para as futuras xeracións”, destaca o deputado de Patrimonio, Xosé Penas.

A través deste programa, poderanse conceder axudas de até 150.000 euros por actuación, cunha intensidade máxima do 80 % sobre o orzamento dos gastos subvencionábeis.

Medio cento de solicitudes

Até o momento xa se presentaron 45 solicitudes para unha tipoloxía de axudas que Xosé Penas coida “moi necesarias” para facilitar aos concellos recursos cos que contribuír á “axeitada preservación do extraordinario patrimonio cultural da provincia”.

As subvencións están dirixidas a actuacións sobre espazos públicos e inmóbeis con valor histórico, artístico ou cultural; bens con valor tipolóxico ou etnográfico que conten coa declaración de ben de interese cultural ou que estean catalogados; elementos do patrimonio de enxeñaría, como pontes ou camiños; patrimonio marítimo, incluíndo peiraos, carpinterías de ribeira, salgadurías ou secadoiros; e xacementos arqueolóxicos que incorporen sinalización e ou procesos de musealización.

Os criterios de puntuación desta liña de axudas priman tanto o grao de relevancia de cada actuación patrimonial como, sobre todo, “a urxencia da actuación, outorgando maior puntuación a aquelas propostas cuxo estado de conservación sexa moi deficitario, con severo risco de perda irreversíbel do ben obxecto de protección”, subliña Penas.

Para poder acceder ás axudas, os concellos solicitantes deben ter unha poboación inferior aos 50.000 habitantes e presentar actuacións cun orzamento mínimo de 30.000 euros. Ademais, os bens obxecto da intervención deben ser de titularidade municipal ou, no caso de propiedade privada, compromiso de cesión pública por un período mínimo de dez anos.

O período subvencionábel abrangue do 1 de xaneiro de 2026 ao 30 de xuño de 2027, coa posibilidade de solicitar unha prórroga debidamente xustificada. En atención ás características dos destinatarios, a Deputación poderá acordar o pagamento anticipado de até o 50 % do importe da subvención concedida, como financiamento necesario para o desenvolvemento das actuacións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.