Baia Fernández presenta na ULA Libraría Social de Outes o seu libro de poemas “O faiado das papoulas”

29 Decembro 2025

ULA Libraría Social (na rúa da Capela de Outes) vai acoller este venres de xaneiro a presentación do libro O faiado das papoulas, de Baia Fernández.

Trátase, en palabras da autora, “dun libro de poesía intimista que abre xanelas a memorias da linaxe feminina”.

Aínda sendo intimista, explica a autora, “esta obra non deixa de ter un carácter reivindicativo e mesmo social, unha especie de catarse que desemboca nun lugar de calma onde se fai presente a beleza, o acubillo amoroso e a comprensión profunda”. Engade que estamos ante un libro “que pretende afondar nun faiado simbólico, ese onde se gardan as memorias da nosa linaxe e que é visita obrigada se queremos sandar as feridas do inconsciente”.

Ilustrado por Paula Pereira (Cavalinho Do Demo) e deseñado por Martinho Picallo, é un convite a “reflexionar sobre o lugar que ocupamos as mulleres na sociedade así como as pegadas do machismo invisibilizadas”.

Baia Fernández é unha escritora galega, youtubeira e adestradora emocional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.