En Rianxo, o Concello incrementou o seu apoio na docencia cunha nova liña de axudas para as anpas e máis investimento para material escolar

23 Decembro 2025

Este 2025 o Concello de Rianxo puxo en funcionamento unha nova liña de axudas destinada a apoiar as actividades impulsadas polas anpas (asociacións de nais e pais) dos centros escolares rianxeiros. Trátase dun programa de subvencións dotado con 10.000€ que ten por finalidade “colaborar nos gastos derivados das actividades desenvolvidas ou promovidas polas asociacións de nais e pais de alumnado dos centro públicos do municipio”.

Segundo informou o Concello da man do seu alcalde, Julián Bustelo, “vimos de resolver as axudas da convocatoria deste ano que servirá para financiar, entre outras, actividades formativas e de conciliación familiar, así como a creación dun bosque comestíbel nun dos nosos centros”.

Máis investimento en bolsas

Ademais o Concello de Rianxo informou dunha nova suba no investimento en bolsas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos. Na convocatoria correspondente ao curso 2025/2026 concederanse axudas por un importe superior aos 12.000€, “o que supón un importante incremento respecto da convocatoria anterior e máis do dobre que o importe correspondente ao curso 2022/2023”, sinalou o rexedor, engadindo que este medre vense traducindo tamén nun “notábel aumento das persoas beneficiarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.