O Concello de Boiro celebrou este xoves día 18 de decembro o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de decembro de 2025. Contou cun total de 14 membros da corporación ao ausentarse un concelleiro do PSOE, un do PP e unha do BNG.
Entre outros acordos, a sesión saldouse coa aprobación (por unanimidade) da bonificación do imposto sobre construcións para a execución da rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín, un proxecto moi demandado pola comunidade educativa que conta cun investimento de 1,3 millóns de euros por parte da Xunta.
Como de costume, a sesión pode verse íntegra a través da canle municiipal de YouTube.
Votacións da sesión:
1 Aprobación da acta da sesión plenaria do 27 de novembro de 2025 – aprobación con 13 votos a favor (PSOE, PP e Boiro Novo) e 1 abstención (BNG).
2 Bonificación do imposto sobre construcións para a execución das obras destinadas á rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín – aprobación por unanimidade (14 votos a favor).
3 Convenio interadministrativo de cooperación entre o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña co obxecto de habilitar a posibilidade de encomendar a xestión material da selección do seu persoal funcionario interino para postos de arquitecto/a e arquitecto/a técnico/a a esta Deputación – aprobación con 9 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP + BNG).
4 Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para regular o servizo de cobro da factura do subministro do abastecemento de auga – rexeitado con 6 votos a favor (PP, BNG e Boiro Novo) e 8 votos en contra (PSOE).




