
Queremos celebrar cos noso lectores e seguidores estas festas e por iso saímos cun número especial dobre dá nosa revista mensual.
Esta edición nº 81- 82, está xa en distribución de balde en toda a comarca e trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos, dedicando especial información as actividades do nadal na comarca.
Coma sempre a cultura, as letras e a historia completan este número de “O Barbanza” que como é habitual ten unha tirada de 7.000 exemplares.
Amais do seu formato físico poden descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben lelo nas distintas plataformas para pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos lectores que no último mes superaron a media de 5.700 usuarios únicos/día con xornadas que superan os 15.500 usuarios/día, e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas.
Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou o noso Whatsapp 608 240 160. Grazas polo apoio e a difusión.
A todos grazas polo apoio e Bo Nadal e próspero 2026. Vémonos a diario no noso xornal dixital en “obarbanza.gal” .



