
A sala de exposicións do Edificio do Casino de Noia acollerá a mostra Os trazos da paixón, unha mostra que pon en valor o traballo de tres artistas cunha fonda ligazón coa creación contemporánea galega. A proposta reúne a obra de Alfonso Costa, pintor noiés, Soledad Penalta, escultora noiesa, e Isabel Pintado, pintora e galega de acollida, cuxa traxectoria artística enriquece o diálogo cultural do país.
A mostra estrutúrase en catro espazos diferenciados no primeiro andar do edificio:
Un espazo dedicado á escultura de Soledad Penalta.
Un espazo de pintura de Alfonso Costa.
Un espazo de pintura de Isabel Pintado.
Un espazo común, no que dialogan as obras dos dous pintores nunha homenaxe a María Casares, figura esencial da cultura galega.
Lugar: Sala de Exposicións do Edificio do Casino
Datas: do 20 de decembro ao 28 de xaneiro
Inauguración: sábado 20 de decembro de 2025, ás 12:30 h
Trátase, en palabras do Concello, “dun percorrido artístico que conxuga identidade, memoria e paixón creativa no corazón de Noia”.



