O Concello de Muros súmase ao programa do Centro Dramático Galego “Sobes ao autobús do teatro?

16 Decembro 2025

O Concello de Muros, a través da concellería de Cultura, participará nunha nova edición da campaña de mobilidade cultural Sobes ao autobús do teatro?, impulsada polo Centro Dramático Galego, cunha saída organizada para asistir á representación da peza Memorias dun neno labrego , baseada na obra emblemática de Xosé Neira Vilas. A función será o mércores 14 de xaneiro de 2026, cun total de 17 prazas dispoñíbeis.

A saída desde Muros está prevista ás 15:15 h, con chegada a Santiago de Compostela arredor das 16:45 h, ao Salón Teatro. O regreso realizarase ás 20:15 h, unha vez rematada a representación. O prezo da entrada é de 5 € e o desprazamento realizarase en autobús gratuíto. As inscricións xa se poden realizar de maneira presencial nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, ata completar as prazas dispoñíbeis.

Dirixida por Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego recupera a figura de Balbino, un personaxe clave da literatura galega contemporánea, para levar á escena unha serie de lembranzas que forman parte da memoria colectiva dunha Galicia rural marcada polo traballo, os silencios, as inxustizas sociais e os soños truncados. A montaxe, producida polo Centro Dramático Galego e Contraproducións, conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos, e combina emoción, humor e unha relación directa co público para achegar esta historia a novas xeracións.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca que “esta iniciativa permite achegar ao público de Muros unha das obras máis importantes da nosa literatura nunha produción de grande calidade, ao tempo que reforza o compromiso do Concello coa participación cultural e co acceso ás artes escénicas galegas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.