A Xunta constitúe a comisión de revisión do Plan CAMGAL para actualizar a resposta ante posíbeis episodios de contaminación mariña accidental

15 Decembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu este luns 15 de decembro a constitución da Comisión de Revisión do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGALl), órgano previsto no artigo 6 do Decreto 135/2016 para garantir a actualización periódica deste instrumento esencial de protección ambiental e resposta ante posíbeis emerxencias no litoral galego.

Marta Villaverde subliñou que esta revisión é “un paso necesario para asegurar que Galicia segue contando cun plan áxil, actualizado e plenamente operativo fronte a calquera episodio de contaminación mariña accidental”.

Destacou tamén que Galicia conta cun dos litorais máis extensos e sensibles de Europa, cunha intensa actividade marítimo-pesqueira e zonas protexidas de alto valor ambiental, polo que “a capacidade de resposta fronte á contaminación mariña accidental é estratéxica para a comunidade”.

O Plan CAMGAL defínese como o instrumento autonómico de resposta ante continxencias no mar e integra os criterios do Sistema Nacional de Resposta ante Contaminación Mariña, garantindo coherencia e coordinación co Estado. A súa vixencia é de cinco anos, polo que debía iniciar o seu proceso de renovación antes da súa expiración en 2026.

A Comisión de Revisión comeza agora os traballos de análise do texto vixente para incorporar a actualización normativa e dos medios dispoñíbeis, melloras operativas e a optimización dos subsistemas de resposta.

Corresponderá ao equipo técnico da Unidade de Documentación e Apoio Científico (UDAC) do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño ser o responsábel de coordinar a redacción do novo texto, que posteriormente será elevado á dirección do Plan e, finalmente, á presidenta para a súa aprobación polo Consello da Xunta.

O proceso de revisión estenderase ao longo de 2026, dada a necesidade de actualización integral do documento e aos trocos estruturais recentes noutras consellerías implicadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.