Surribos acolle este sábado a III Foliada de Abelleira

02 Decembro 2025

O Consistorio de Muros acolleu a presentación da III Foliada de Abelleira, organizada pola agrupación Abelleira, E coa colaboración do Concello. Deborah Piñeiro, Juan R. Rey e Jorge Lago, presidenta, secretario e profesor da agrupación, foron os encargados de dar a coñecer os detalles da cita cultura.

Lembraron que “somos unha asociación nova e co pouco percorrido que temos facemos está foliada con moita ilusión, pero estamos sorprendidos coa acollida que está tendo, dende os veciños, grupos, establecementos comerciais, empresas, autónomos, concello… ninguén nos puxo unha mala cara nin nos pechou as portas, e así todo o traballo que custa montar a foliada lévase mellor”.

“A relevancia e o interese que está a coller a nosa música e as nosas cantigas é algo a ter moi en conta; de feito, nun ano pasamos de ter unha foliada con oito grupos e 50 músicos a ter unha foliada con 20 agrupacións e uns 200 músicos. Agardamos estar á altura”, engadiron.

“Para o Concello é importante que unha festa tradicional galega forme parte da programación do Nadal”, asegurou a concelleira de Cultura, Caridad González.

“O pobo está gañando a loita por manter vivas as tradicións, cunha clara aposta pola nosa lingua. Iniciativas como esta fan de unión entre as entidades e colectivos do país”, recalcou Laura Eiras, concelleira de Lingua.

Convidouse a todas as agrupacións folclóricas de Muros a participar nesta foliada e xa hai 20 confirmadas, con máis de 200 músicos.

Estarán tamén Foles e Ferreñas, do Centro Galego de Burgos, e a participación de Lupe Blanco, regueifeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.