Limiar Teatro leva a Outes o seu espectáculo familiar sobre a reciclaxe: “Canto conto!”

02 Decembro 2025

No marco do ciclo Outes a Escena, a agrupación Limiar Teatro vai levar á Serra o espectáculo Canto conto!, unha obra para público infantil e familiar (maiores de catro anos). Será este sábado 6 de decembro ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Outes. As entradas están xa dispoñíbeis en liña, a través da web Bandoticket ou na Casa da Cultura de Outes. A obra está incluída no Bono Miúdo, con descontos para a rapazada.

Sinopse

Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade: os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.

Goza aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o rock and roll ata o rap, pasando pola salsa ou o funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostíbel

E o mellor de todo é que o público será parte activa desta viaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.