O BNG de Ribeira celebra o traspaso da UCA ao Sergas pero lembra que chega “con décadas de atraso”

01 Decembro 2025

O BNG de Ribeira amosou no pleno o seu apoio ao traspaso da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) ao Sergas, un cambio que cualifican como “tarde, pero imprescindible” e que, segundo sinalan, responde a unha demanda histórica dos profesionais, dos concellos e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

O portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, destacou que o custo anual dunha unidade como a de Ribeira ronda os 600.000 euros para prestar un servizo de carácter comarcal e sanitario, “non propio dunha administración local”. Por iso, considera que a incorporación ao sistema público “é unha cuestión de responsabilidade e sentido común”.

Os nacionalistas puxeron en valor o labor da UCA, que ademais da atención sanitaria desenvolve programas de rehabilitación e reinserción social, como o taller de madeira, a restauración de elementos na illa de Sálvora, o mantemento de mobiliario urbano e centros educativos ou a colaboración na montaxe de beléns en Ribeira e Aguiño. “É un servizo que salva vidas e devolve dignidade ás persoas que loitan contra unha adición”, subliñou Pérez Barral.

Críticas ao atraso e ao bloqueo do PP

O BNG advertiu, con todo, de que o traspaso chega “con décadas de atraso” debido aos “continuos bloqueos” do Partido Popular. Recordaron que en 2009 estaba previsto construír un edificio específico para saúde mental e a UCA xunto ao Hospital da Barbanza, un proxecto adxudicado polo propio goberno de Feijóo en 2010 por un millón de euros. “A cancelación daquela obra e a indemnización á empresa deixaron á comarca sen unha infraestrutura esencial”, denunciaron.

Tamén lembraron que o goberno municipal daquel momento “se aliñou coa Xunta e votou en contra” dunha iniciativa nacionalista para dotar Ribeira dun inmoble que acollese os profesionais de saúde mental, unha decisión que cualifican de “lesiva para as persoas con problemas de saúde mental e adicións”.

Exixen avances reais tras o anuncio

A pesar das críticas, o BNG celebrou que a Xunta asuma finalmente as súas competencias, pero advertiu que o proceso “non pode quedar nun mero trámite”. Reclaman recuperar e executar o edificio previsto xunto ao Hospital da Barbanza, reforzar os recursos da UCA e garantir unha atención pública e digna para toda a comarca.

“O traspaso é unha boa noticia que no BNG sempre defendemos. Celebrámolo, pero non esquecemos nin o atraso acumulado nin as renuncias do PP. Agora toca pasar das palabras aos feitos”, concluíu Pérez Barral.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.