O Concello de Outes activa o 22 de decembro o seu servizo de conciliación Tempo de Nadal

01 Decembro 2025

O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrécelles durante a vindeira tempada festiva, ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos, o servizo de conciliación Tempo de Nadal 2025-2026, que forma parte do programa Outes Concilia, destinado, como o seu nome indica, a achegar actividades de lecer que permitan a nais e pais seguir desenvolvendo a súa vida laboral.

Este servizo celebrarase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é dende o 26 de novembro ata o 10 de decembro. As prazas son limitadas. Quen precise máis información sobre o servizo, tena no PDF habilitado na web municipal, así como tamén a folla de inscrición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.