Este domingo, San Clemente e Santa Felicitas, quedaremos baixo a influencia dunha fronte procedente do norte, que traerá unha xornada marcada polos ceos nubrados e chuvascos, máis probables nas provincias atlánticas e que se irán xeneralizando ao resto da comunidade co avance do día.

As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que o incremento será máis notable nas mínimas (10 de mínima e 14 de máximas). Os ventos do suroeste soprarán moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral norte e noroeste, onde se agarda maior intensidade.
Este episodio de inestabilidade marcará o inicio dunha semana con tempo húmido e ventoso en boa parte do territorio galego.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



