O Concello trae ao Cine Elma “As desterradas”, obra gañadora do 25ª Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais

21 Novembro 2025

O Concello levará ao Cine Elma As desterradas, da produtora Excéntricas, a obra gañadora do 25ª Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. A función, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, será este domingo, 23 de novembro ás 19.00 horas.

As desterradas é unha obra escrita por Carme Varela e dirixida polo ribeirán Quico Cadaval. Está ambientada no século XVI, e conta a historia dunha pequena comunidade de monxas que se ve ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Para rematar coa existencia das freiras, os señores da Igrexa están dispostos a difamalas e a ameazalas por todos os medios, recorrendo ao tribunal da Inquisición ou mesmo á violencia. Con este thriller, a autora, Carme Varela, buscou reconstruír os tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas.

O acceso á actividade, encadrada no Outono Cultural da Pobra, será gratuíto e libre ata completar a capacidade da instalación.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.