Noia celebra o 25N cun obradoiro de defensa persoal, teatro e unha gran concentración cos escolares no Coliseo Noela

21 Novembro 2025

No marco das actividades programadas para celebrar o 25N, Día para a Erradicación da Violencia Contra as Mulleres, a Concellería de Igualdade de Noia organiza unha manchea de actividades. A primeira será o sábado 22 de novembro e consistirá nun Obradoiro de Defensa Persoal para Mulleres. Trátase, segundo confirmou o Concello, de “promover a autonomía, a seguridade e o apoderamento”. Estamos ante unha actividade dirixida a mulleres maiores de 16 anos. Será este sábado 22 de novembro de 2025, en horario de mañá e de tarde (10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00), no Casino de Noia.

As inscricións están abertas até o vindeiro 19 de novembro no Centro da Información á Muller de Noia (o CIM). Máis información no teléfono 619 970 846 e na conta cim@concellodenoia.gal. Será unha actividade de balde pero con prazas limitadas (cómpre inscrición).

A seguir, a Concellería de Igualdade e o CIM de Noia convidan á veciñanza a compartir unha tarde de teatro e reflexión coa obra Ám@te, da Asociación Cultural O Xeito. Será o domingo, 23 de novembro ás 19.00 horas na Sociedade Liceo de Noia, con entrada de balde. Trátase dunha “proposta teatral que nos convida a reflexionar sobre o amor, a dor e a liberdade”, informou o Concello, engadindo que o espectáculo denuncia “eses tópicos que perpetúan a violencia machista” e convídanos a “repensar o que estamos a facer para finalizar esta traxedia social”.

A maiores, o martes 25 celebrarase unha concentración diante do Coliseo Noela, a partir das 11.45 horas, onde será lida a declaración institucional do 25 e onde se contará coa participación do alumnado dos centros educativos (haberá un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero). Ademais, sortearanse seis vales de 50 euros e repartirase material da campaña de sensibilización. O mércores 26 celebrarase o contacontos E ti, que queres ser de maior?, para alumnado de 1º e 2º de Primaria.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.