Ribeira homenaxea os seus deportistas de kenpo tras conquistar 18 medallas no European Championship Spain

18 Novembro 2025

Sete veciños acadaron case vinte títulos recentemente: Iván Parada, Noa Santamaría,
Naira Parada, Marta Teira, Noah Olveira, Thiago Vidal e Juanra
Millares

C.R.

O Concello de Ribeira celebrou unha recepción oficial para recoñecer os éxitos dos sete deportistas locais que acadaron numerosos títulos no European Championship Spain de kenpo, celebrado recentemente en Bolaños de Calatrava (Ciudad Real). Os participantes —Iván Parada, Noa Santamaría, Naira Parada, Marta Teira, Noah Olveira, Thiago Vidal e Juanra Millares— regresaron ao municipio cun total de dezaoito medallas entre ouros, pratas e bronces.

A alcaldesa, María Sampedro, felicitou o grupo polo seu desempeño e destacou “o orgullo que sinte a sociedade ribeirense por ter deportistas da súa proxección”. Sampedro salientou que estes éxitos “fan máis grande o nome de Ribeira” e animou os deportistas a seguir avanzando: “Son triunfos non só deles, senón de todo o municipio”.

No mesmo sentido se expresou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, quen puxo en valor o dinamismo deportivo da localidade. “Podemos presumir da boa saúde do deporte en Ribeira. Os resultados non serían posibles sen dedicación, esforzo e paixón polo que facedes”, afirmou.

Os resultados dos deportistas

O Club Kempo Barbanza participou no campionato con seis integrantes, que acadaron os seguintes títulos:

  • Iván Parada: ouro en semi -80 kg Master e prata en katas senior.
  • Noa Santamaría: bronce en katas por equipos e en semikenpo -60 kg (junior).
  • Naira Parada: prata en katas e ouro en semikenpo -50 kg (xuvenil).
  • Marta Teira: ouro en kobudo e semikenpo -60 kg, prata en katas e bronce en submission -60 kg (cadete).
  • Noah Olveira: bronce en kobudo, submission -65 kg e semikenpo -65 kg (cadete).
  • Thiago Vidal: bronce en kobudo e prata en semikenpo -40 kg.

Ademais, tamén competiu o ribeirense Juanra Millares, pertencente ao Kempo Pobra, que colleitou un brillante resultado: ouro en semikenpo e knckdown, así como prata en fullkempo, dentro da categoría master -70 kg.

O Concello destacou que estes logros demostran o bo momento que atravesa o kenpo na comarca e reafirmou o seu compromiso de seguir apoiando o deporte local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.