O Concello da Pobra convoca o Concurso de Embelecemento de Establecementos Comerciais e Hostaleiros no Nadal

14 Novembro 2025

Promover a participación do tecido empresarial local na creación dun ambiente festivo e atractivo durante o Nadal é o obxectivo do novo Concurso de Embelecemento de Establecementos Comerciais e Hostaleiros no Nadal da Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal. Segundo a edil da área, Amparo Cerecedo, quen presentou esta mañá do venres 14 de novembro, a convocatoria coa que se busca “implicar aos comercios e locais hostaleiros para avivar o espírito do Nadal, dinamizar e estimular o consumo nestas datas”.

Sinalar que esta proposta está aberta á participación de todos os locais comerciais e hostaleiros situados no termo municipal, sempre e cando dispoñan de escaparate, fachada ou dun espazo visíbel desde a vía pública. O Concello establece dúas categorías, unha dirixida aos comercios e outra aos negocios hostaleiros.

A inscrición poderá formalizarse até o 25 de novembro e, para facelo, deberase enviar un correo a promocioneconomicapobra@gmail.com no que se fagan constar os seguintes datos: nome do negocio, enderezo completo, persoa de contacto e teléfono, categoría de participación e epígrafe do IAE correspondente segundo o tipo de negocio. As solicitudes serán respondidas por persoal técnico municipal que confirmará a participación no concurso.

Unha vez completado este primeiro paso, os participantes deberán colocar as decoracións de Nadal e mantelas, como mínimo, até o 6 de xaneiro. Asemade, deberán remitir no mesmo correo electrónico un mínimo de catro fotografías da decoración que serán avaliadas polo xurado.

En canto aos criterios para elixir aos gañadores do certame, teranse en conta aspectos como: a creatividade e orixinalidade, a estética e harmonía do conxunto, a iluminación e ambientación do Nadal, a integración coa contorna urbana e a contribución ao embelecemento xeral da vila. Tamén se atenderá á ornamentación do interior e do exterior do establecemento.

Entregaranse catro galardóns, dous por cada categoría. En cada unha entregarase un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 500.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.