A Xunta licita por 11,2 millóns o primeiro tramo para converter en autovía a vía Brión-Noia

29 Outubro 2025

O Consello de la Xunta autorizou a licitación, por un importe de 11,2 millóns de euros, das obras do primeiro tramo para converter en autovía a Vía de Altas Prestacións (VAP) Brión-Noia.

O proxecto contempla a execución de 4,9 quilómetros entre Brión e a ligazón de Urdilde, correspondente ao primeiro tramo da fase inicial do desdobramento. Tras a autorización do Consello, a Xunta prevé licitar as obras nos próximos días, cun prazo de execución estimado en 18 meses.

Esta actuación dá continuidade á aprobación, o pasado mes de febreiro, do proxecto de trazado do desdobramento da CG-1.5, entre o final da autovía Santiago-Brión e o inicio do tramo Martelo-Noia, cun investimento global duns 29 millóns de euros.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.