Abertas as inscricións para a carreira Sin-Son10K 2025, programada este ano para o 21 de decembro

24 Outubro 2025

A carreira Sin-Son 10k volve este 2025 baixo o lema Corremos mirando ao mar e consolidada como unha das probas referentes desta categoría. Así, as inscricións ábrense este venres 24 de outubro, a partir das 16.00 horas. As persoas interesadas poderán anotarse a través da páxina web Emesports. Ademais, no vindeiro mes de novembro levarase a cabo a presentación oficial da proba.

Máis de 1.500 persoas corredoras

A pasada edición da Sin-Son 10k 2024 pechouse sendo todo un éxito, onde volveu colgar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina respectivamente. 

A proba celebrada o pasado decembro acolleu a máis de 1.500 corredores/as e onde o padriño da cita foi o propio Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, que foi ademais o atleta triunfador da proba ao cruzar a liña de meta en primeiro lugar parando o crono en 29:37’.

Adrián Ben cruzando a liña de meta

A Sin-Son 10k conta cun elenco de atletas convidadas/os que participaron en anteriores edicións entre os que figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete ou Iván Raña.

Edymar Brea

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “confiamos en que esta nova edición volva ter unha gran acollida como todas as edicións anteriores. A Sin-Son é moito máis que un evento deportivo. É unha cita cultural, gastronómica e dinamizadora que evoluciona cada ano. Estamos moi contentos e orgullosos de poder ter na nosa vila esta proba que é un auténtico referente para todo tipo de corredores e un gran escaparate para Porto do Son”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.