O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, confirmou o comezo dos traballos de remodelación da escaleira de acceso á praia de Tronco, unha vella demanda dos veciños e veciñas que cada verán se achegan a este areal, que até o de agora presentaba serios problemas de accesibilidade e de seguridade no seu camiño de baixada. Os traballos achegarán unha estrutura que garanta a súa estabilidade fronte a derrubes de terra e un mellor trazado do acceso e das escaleiras e inclúe pasamáns para garantir a comodidade e a seguridade dos visitantes.
O rexedor sinalou que esta actuación foi un dos proxectos que abordamos recentemente na Subdelegación do Goberno con Carlos Gil, Xefe da Demarcación de Costas de Galicia, a quen o Concello agradece “a súa disposición para seguir mellorando o noso litoral”.




