O 112 Galicia rexistrou unha trintena de accidentes de tráfico esta tardede domingo, entre eles unha conductora en Taragoña

19 Outubro 2025

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na autovía do Barbanza (AG-11), ao seu paso polo concello de Rianxo, na calzada en dirección cara a Padrón.

O sinistro tivo lugar cando o vehículo que conducía a muller saíu da vía. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon á ferida no punto e posteriormente a trasladaron a un centro hospitalario.

Entre as 13:00 e as 19:00 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias contabilizou un total de 34 sinistros, dos cales en vinte foi necesaria asistencia sanitaria para algunha das persoas implicadas. Entre os incidentes máis destacados figuran varios rexistrados en vías de alta capacidade.

Así, unha muller resultou ferida tras saírse da vía no quilómetro 7 da AP-9, ao seu paso polo Temple (Cambre), contra as 16:30 horas. No operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autoestrada.

Tamén na AP-9, minutos antes das 15 horas, produciuse un accidente por alcance no quilómetro 159B, en Cabral (Vigo), que deixou unha persoa ferida, aínda que de carácter leve.

Pola súa banda, ao fío das 14 horas, dúas saídas de vía consecutivas tiveron lugar no quilómetro 281 da A-52, ao seu paso pola Cañiza. Os particulares que alertaron ao 112 Galicia explicaron que se formara unha bolsa de auga na calzada e que varios vehículos sufriran aquaplaning. Neste caso, tamén foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios, do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.