A Biblioteca de Boiro acolle este venres unha historia terrorífica de Bululú para a rapazada

02 Outubro 2025

Este venres 3 de outubro Boiro vai acoller unha serie de contos orais para a rapazada. Trátase do espectáculo A historia máis monstruosa do mundo, unha actividade de Proyecto Bululú S.L., no marco do programa Ler Conta Moito da Xunta. Dará comezo ás 20.00 horas, na Biblioteca Municipal de Boiro (Centro Social). O espectáculo preséntanos o encontro entre un grupo de monstros e un gran e reputado chef, dando como resultado… unha das ceas máis terrorificamente divertidas do mundo. A entrada será de balde até completar o aforo da Biblioteca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.