Ramón Beltrán presentará en Muros a súa primeira novela: “As palabras de Morfeo”

26 Setembro 2025

Ramón Xosé Beltrán Carballeira, profesor de Historia de moitas xeracións de alumnos e alumnas no IES Fontexería de Muros, vai presentar na muradá Fábrica de Sel a súa primeira novela: As palabras de Morfeo, de Edicións Morgante (selo de literatura galega da editorial Rinoceronte de Cangas).

A presentación será próximo xoves, 2 de outubro, ás 19:00 horas na antiga Fábrica de Sel.

Estará acompañado polo concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez Lago, e polo editor, Moisés Barcia.

Sinopse

Un home ten un soño peculiar e deberá viaxar a Madrid cunha completa descoñecida para pedirlle a un experto en lingua friulana que lle axude a descifrar o seu sentido. A tradución do seu soño embarcarao nunha aventura que mestura pasado e presente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.