O Club Deportivo Marquiño organiza a décima edición do Torneo de Xadrez Pizza Móbil na Pobra

25 Setembro 2025

O Club Deportivo Marquiño xa ten data para a celebración do seu tradicional Torneo de Xadrez Pizza Móbil, que alcanza este ano a súa décima edición. A cita desenvolverase o domingo 5 de outubro, entre as 11.00 e as 19.00 horas, no polideportivo municipal da rúa Venecia, na Pobra do Caramiñal.

O evento, puntuable para o XVIII Circuíto Galego de Promoción, reunirá xogadores e xogadoras de diferentes categorías: infantil/sub-14 (nados en 2011-2012), alevín/sub-12 (2013-2014), benxamín/sub-10 (2015-2016) e prebenxamín/sub-8 (2017 e posteriores). A competición disputarase baixo o sistema suízo, con sete roldas de 10 minutos máis 5 segundos de incremento por movemento.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a xadrezbretema@gmail.com, indicando nome, apelidos, categoría e club de pertenza. O prazo para anotarse remata ás 23.00 horas do venres, 3 de outubro.

Unha vez rematadas as partidas terá lugar a entrega de premios, na que se repartirán trofeos aos cinco primeiros clasificados de cada categoría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.