UCIN critica o custe para a veciñanza das actividades culturais infantís do Concello de Boiro

25 Setembro 2025

A agrupación UCIN Boiro emitiu un comunicado crítico co Concello de Boiro, máis en concreto coa súa Área de Cultura, que, en palabras de UCIN, “tomou a decisión de impoñer un custe de 2,50 € por actividades culturais destinadas a nenos de 0 a 3 anos, como os contacontos”. Esta medida, din, “non é só un erro administrativo: é un acto de absoluta insensibilidade e desprezo cara ás familias e a infancia, que xera barreiras económicas inxustas e exclúe aos nenos de quen non poden asumir ese gasto”.

Engaden que “as actividades como os contacontos son ferramentas esenciais para o desenvolvemento cognitivo, emocional e social dos nenos, fomentando a lectura, a imaxinación e a socialización desde os primeiros anos de vida. Cobrar por elas non só é inxusto, senón que contradí os principios fundamentais de igualdade de oportunidades e acceso universal á cultura, que deberían ser piares da política municipal”.

UCIN Boiro considera que “esta medida evidencia unha profunda desconexión do Goberno local coa realidade social de Boiro, así como prioridades equivocadas, ao poñer a recadación económica por enriba do dereito dos nenos para acceder á cultura e á educación”. Por iso, a agrupación reclama ao Concello que elimine de maneira inmediata calquera custo de acceso a estas actividades, garantindo que todos os nenos, con independencia da súa situación económica, poidan gozar da cultura e a aprendizaxe desde a primeira infancia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.