Activado un dispositivo de busca en Rianxo para localizar a unha muller de 81 anos desaparecida

24 Setembro 2025
Coordinando xunto xefe da Policía Local de Rianxo, búsqueda de persoa desaparecida en Rianxo. Colaboran Protección Civil Catoira, Pobra do Caramiñal, Policía Local e Garda Civil. RR.SS,

As autoridades activaron un dispositivo de busca en Rianxo para tratar de localizar a Josefina García, unha muller de 81 anos da que non se ten noticia desde a tarde do martes.

RR.SS.

Segundo informaron fontes municipais, a alerta de desaparición foi dada polos seus familiares ao decatarse da súa ausencia no domicilio, situado na rúa Gudiños. Ante a falta de novas, ao redor das 21:00 horas púxose en marcha o protocolo de busca, coordinado pola Policía Local da vila.

O propio alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, fai un chamamento á cidadanía para que colabore coa localización da veciña desaparecida. Calquera persoa que poida achegar información sobre o seu posible paradoiro pode facelo chamando ao 112 ou ao número de contacto directo 609 862 222.

As tarefas de procura continúan este mércores, con participación de efectivos municipais e voluntariado.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.