A Pobra do Caramiñal revive a procesión das Mortallas, símbolo de fe e segundas oportunidades

21 Setembro 2025

Un ano máis, e por moitas décadas máis, cumprironse TODAS as tradicións dunha das máis antigas e célebres romaxes de Galicia. Tamén a ofrenda das bombas que se recolle no expediente de declaración do Nazareno * Procesión das Mortallas como Festa Turística de Interese de Galicia.

TVG

Cadaleitos, cirios e mortallas volveron saír este domingo ás rúas da Pobra do Caramiñal na procesión das Mortallas, o acto máis solemne das festas do Nazareno. Trátase dunha tradición única na que os fieis agradecen ao Nazareno a súa intercesión tras superar unha grave doenza ou unha situación límite.

Os chamados ofrecidos participan vestidos con hábito mortuorio e acompañan ataúdes baleiros, símbolo da morte que deixaron atrás. “É unha procesión de moita vida, non é de morte”, explican os participantes. Algunhas voces testemuñan a experiencia en primeira persoa:

  • “Eu xa fun noutra ocasión co hábito e desta volta vou co ataúde porque estiven bastante grave, na UCI”.
  • “O Nazareno creo que nos está axudando, entón quero cumprir coa ofrenda”.
  • “Ofrecinme porque me amputaron o pé esquerdo pola diabetes”.

A devoción mestúrase coa historia. A orixe desta procesión remóntase ao século XV, cando segundo a tradición o rexedor Juan de Liñares, gravemente enfermo e sen esperanza de vida, prometeu perdoar a catro reos se lograba salvarse. Tras recuperarse, cumpriu a súa palabra e organizou unha procesión desde a súa casa ata a igrexa, dando lugar a esta celebración que se mantén viva séculos despois.

As festas do Nazareno continúan na Pobra cun amplo programa musical que culminará cunha gran verbena a cargo da orquestra Panorama.

A.González Millán

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.