Presentada a XXVI Carreira Popular de Santa Uxía – II Memorial Miguel Ruiz

19 Setembro 2025

O Concello de Ribeira acolleu a presentación dunha nova edición dunha das probas con máis tradición no calendario deportivo da comarca: a XXVI Carreira Popular Santa Uxía – II Memorial Miguel Ruiz, que se disputará o vindeiro sábado 27 de setembro na explanada do Malecón.

No acto participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta da Asociación de Veciños de Carreira, Marivén Sampedro, e o técnico municipal de Deportes, Javier Sampedro.

Vidal definiu a cita como “unha das probas deportivas máis importantes do noso concello e das máis lonxevas”, lembrando que forma parte tanto do circuíto provincial da Deputación da Coruña como dos circuítos de Barbanza Arousa, dentro do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

Entre as 15 categorías, destacou a da “Zapatilla Inclusiva”, dirixida a persoas con diversidade funcional, como símbolo do compromiso coa inclusión e a igualdade no deporte.

O circuíto repite respecto a edicións anteriores: a proba absoluta será de 10 quilómetros, con saída no Mercado Municipal, paso pola meta no Malecón e xiro cara a Coroso, completando dúas voltas ao percorrido de 5 km. Haberá premios en metálico de 300, 150 e 90 euros para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina.

Javier Sampedro explicou que a categoría inclusiva percorrerá só unha volta (5 km), mentres que os menores correrán distancias adaptadas no Malecón, con trazados que van desde os 200 metros para sub-6 ata os 2.100 metros para sub-14 e sub-16.

A organización disporá de servizo de duchas no Complexo Deportivo da Fieiteira e no Centro da Raqueta de Coroso, garda-roupa na Oficina de Turismo, avituallamento intermedio no 10K e avituallamento final líquido e sólido. Ademais, como vén sendo habitual, haberá sorteo de agasallos entre participantes e público.

Inscricións

As inscricións están abertas ata o mércores 24 de setembro ás 23:59 horas a través das webs www.carreirasgalegas.com e www.emesports.es.

  • Categorías base (ata sub-16): gratuítas
  • Proba absoluta (de sub-18 a máster): 6 euros

Tamén se habilitará un segundo prazo final para inscribirse no Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa 2025.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.