Galicia celebra o incremento de cotas de bacallau e a estabilidade nas pesqueiras da NAFO para 2026

19 Setembro 2025

O único punto negativo é a pequena redución na cota de fletán negro dun 0,22% pola aplicación da nova regra de explotación o que se traduciu en 32 toneladas menos cun TAC para o 2026 14.729 toneladas das cales 6.398,9 corresponden á frota comunitaria

A 47ª Reunión Anual da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (NAFO) concluíu hoxe cun balance positivo para a frota galega. A delegación presente no cumio destacou especialmente o aumento do 18% no total admisible de capturas (TAC) de bacallau na división 3M, que ascenderá ata as 16.360 toneladas, das cales 7.813 corresponden á frota comunitaria. Con este incremento, a pesqueira acumula unha subida do 120% desde 2023, tras 14 anos de peche.

Tamén se rexistrou unha tendencia positiva na zona 3L, con 40.000 toneladas asignadas, das que 1.552 serán para a Unión Europea, o que supón un incremento do 56,4%.

En canto á gallineta, mantéñense as posibilidades na zona 3M con 7.813 toneladas para a frota comunitaria —233 para España—, unha pesqueira que contribúe a manter o volume necesario para xerar mareas. A delegación galega tamén valorou o feito de esquivar o peche das divisións 3O, 3L e 3N, clave para o sector ao interactuar con especies como a bertorella 3NO (1.000 t) ou a raia nas divisións 3L, 3N e 3O (7.000 t).

A bertorella, en crecemento para a frota galega, mantén as 1.000 toneladas nas divisións 3N e 3O, fronte ás 400 propostas polo Consello Científico, das cales España contará con 255. Pola súa parte, o TAC de raia fixouse en 7.000 toneladas —moi por enriba das 3.460 recomendadas—, mantendo España as súas 3.403 toneladas, consolidándoa como o principal país comunitario na explotación deste recurso. Ademais, medran un 35% as posibilidades de pesca de limanda, ata as 24.290 toneladas, das que España terá un 10% en captura incidental.

O único aspecto negativo foi a lixeira redución do 0,22% na cota de fletán negro, que se traduce en 32 toneladas menos para 2026, quedando en 14.729 en total, das que 6.398,9 serán para a frota comunitaria.

Impacto no sector

A Consellería do Mar subliñou que este reparto consolida a boa xestión dos caladoiros e garante un escenario de estabilidade para a frota galega, composta por oito arrasteiros con base en Vigo, Cangas e Marín. Son embarcacións de 50 a 60 metros que operan nos Grandes Bancos e en Flemish Cap, das que dependen uns 200 postos de traballo directos e varios centos indirectos.

Segundo a Xunta, a continuidade desta actividade supón tamén un impulso á confianza para novos investimentos en infraestruturas frigoríficas, modernización da frota e relevo xeracional no sector.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.