O arquitecto David Chipperfield ingresa como académico da Real Academia Galega de Ciencias

16 Setembro 2025
Chipperfield fotografado por Adrián Capelo Cruz

O arquitecto británico David A. Chipperfield (Londres, 1953), unha das figuras máis senlleiras e prestixiosas da arquitectura contemporánea cunha ligazón moi forte con Galicia dende hai 30 anos e coa súa residencia de verán en Corrubedo (Ribeira), ingresará mañá mércores, 17 de setembro, como académico da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) na sección de Ciencias Técnicas da institución. O acto terá lugar mañá no compostelán Pazo de San Roque, ás 18:30 horas. O arquitecto pronunciará o seu discurso co título Common Ground (Territorio común) e o encargado de realizar a laudatio será o académico Pedro Merino, catedrático emérito de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Universidade de Vigo.

Cómpre salientar que David Chipperfield creou en 2017 en Compostela a Fundación RIA, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento económico, ambiental e cultural en Galicia. Céntrase na planificación territorial estratéxica, conectando os desafíos globais de sostibilidade co contexto local.

Achegándonos á figura de Chipperfield é preciso subliñar que ten no seu haber, entre outros, o Premio Pritzker 2023-, con obras por todo o mundo. Foi profesor de deseño en diferentes escolas de arquitectura do Reino Unido e profesor convidado en varias universidades europeas e estadounidenses. É membro do Royal Institute of British Architects (RIBA) e membro honorario tanto do American Institute of Architects como do Bund Deutscher Architekten.

Volvendo ao acto de mañá, mércores, sinalar que será o presidente da RAGC, Juan Lema, o encargado de abrir o evento, ao que asistirán outros académicos; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López; a vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago, Pilar Bermejo; o vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Jerónimo Puertas; o presidente do Grupo Gadisa, Roberto Tojeiro -patrono da Fundación RIA- e o director da Fundación RIA, Manuel Rodríguez; o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano Alfaya; o presidente da delegación de Santiago do COAG, Ángel Cid; e o presidente da delegación de Pontevedra do COAG, Anselmo Villanueva; xunto a diversos representantes de institucións políticas, culturais, científicas e académicas galegas, familiares e amigos do homenaxeado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.