O barco Sievil de 12 metros de eslora afúndese no Peirao do Mariño de Portosín

14 Setembro 2025
Foto Xurxo Sobrino

O barco Sievil duns 12 metros de eslora afundiuse na madrugada deste domingo no Peirao do Mariño de Portosín. A embarcación, que levaba varios meses amarrada sen actividade, atopábase xa en mal estado.

Facía uns días que o buque acumulaba auga no seu interior, motivo polo cal deuse aviso ao seu antigo propietario, un armador de Noia que o vendía recentemente a un comprador estranxeiro.

O barco, de nome Sievil, estaba construído en madeira e contaba cunha pequena ponte. Ademais, dispoñía de permisos para distintas artes de pesca e marisqueo.

Ata o lugar desprazáronse este domingo traballadores de Portos de Galicia, aínda que polo momento a nave non foi reflotada.

Foto Xurxo Sobrino

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.