Dúas persoas, nai e fillo, trasladadas tras un incendio nunha vivenda en Oleiros-Ribeira

02 Setembro 2025

Dúas persoas, unha nai e o seu fillo, tiveron que ser trasladadas ao Hospital do Barbanza para recibir atención sanitaria tras un incendio declarado nunha vivenda unifamiliar en Lugar Sobrido, Oleiros.

O 112 Galicia recibiu o aviso arredor das 19:50 horas, cando un particular informou do lume. De inmediato, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, do GAEM de Ribeira e dos axentes da Policía Local.

Ao chegar ao lugar, os equipos constataron que o incendio xa estaba sufocado, polo que a súa actuación se limitou a facer comprobacións e á ventilación da vivenda. Segundo indicaron, o lume afectou principalmente a varios mobles da cociña.

A nai e o fillo foron trasladados polo Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario por baixa saturación de osíxeno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.