O PP de Boiro insta ao alcalde a actuar contra as conexións ilegais na traída municipal de auga

21 Agosto 2025

O portavoz do grupo municipal do PP en Boiro, Fernando García Diéguez, reclamoulle ao alcalde, José Ramón Romero, que actúe contra as conexións ilegais á traída municipal de auga, unha situación que —segundo sinalou— o propio goberno local leva denunciando dende o ano 2022 en varios bandos.

García considera que “vai sendo hora” de que o executivo local aplique o regulamento, corte os subministracións irregulares e sancione aos responsables. “Queremos saber se o alcalde pensa facer algo para acabar con estas conexións ilegais, porque nada fixo desde 2022 en que denunciou a través dun bando e non publicou máis, pero esta situación mantense”, sinalou o portavoz popular.

O concelleiro do PP tamén advertiu de que o máis importante é traballar para garantir os servizos básicos, como a auga, lembrando aos veciños que, malia que están facendo o maior esforzo fiscal das últimas tres décadas, en 2025 “os servizos básicos empeoraron”.

Como exemplo, García citou a situación da traída de Boiro de Arriba, da que criticou o mantemento exterior e o estado das súas instalacións, que cualificou de deficientes.

PPde G Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.