Titiriberia despide este domingo a súa 10ª edición coa compañía aragonesa Teatro Arbolé e a galega Viravolta Títeres

16 Agosto 2025

O festival Titiriberia organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebra en Rianxo a súa décima edición até este domingo 17 de agosto. Este ano, o programa inclúe unha trintena de espectáculos da man de 19 compañías procedentes de Galicia, Portugal, Euskadi, Navarra, Aragón e Valencia. O programa para mañá domingo, xornada de despedida do encontro, inclúe dúas funcións.

Ás 13 horas na praia de Tanxil, a compañía aragonesa Teatro Árbole ofrecerá o seu espectáculo El ladrón de Sandías. Pelegrín é o protagonista deste teatro ambulante. Un personaxe que medrou coa complicidade de varias xeracións de crianzas e que conta con máis de 10 historias diferentes. É un monicreque aventureiro e, sobre todo, un antiheroe. Ármase cunha vasoira como lanza, un sinal de tráfico como escudo e un funil como casco e, coma aquel Don Quixote, con astucia e golpes adoita saír dos seus problemas.

Ás 20 horas, no Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro), a compañía galega Viravolta poralle o ramo a esta décima edición de Titiriberia. Farao coa obra Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón. Trátase dunha recreación das andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus ósos ao cárcere. Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclán para escribir a súa obra Las galas del difunto.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.