En Ribeira máis de 130 bailaríns participarán na décimo quinta edición de Salsa na Rúa

14 Agosto 2025

Ribeira despedirá o verán a ritmo de salsa, bachata e moito máis coa celebración da décimo quinta edición de “Salsa na Rúa”, un evento xa consolidado dentro da programación Lecer na Ribeira da Concellería de Cultura, dirixida por Antía Alberte. A presentación contou coa presenza do responsable da escola de baile El Tomasón, Orlando González, acompañado das súas alumnas.

A cita terá lugar no derradeiro fin de semana de agosto, concretamente venres 29 e sábado 30, e desenvolverase entre a avenida do Malecón e a rúa Alcalá Galiano, cun programa que inclúe obradoiros, espectáculos e actuacións de diferentes estilos.

A concelleira de Cultura definiu o festival como “unha cita tradicional que marca o peche do verán con gañas, furor e talento” e animou a veciños e visitantes a asistir, destacando que “é un espectáculo merecedor de ser visto, que trae xente de diferentes países e escolas galegas de baile”. Alberte aproveitou tamén para felicitar a Orlando González e á Asociación Haveira polos quince anos de traxectoria.

Orlando González adiantou que esta edición contará cun cartel internacional con artistas de República Dominicana, Brasil, Portugal, Nicaragua e Senegal, ademais de bailaríns de oito escolas de Galicia e todo o elenco da escola El Tomasón. Entre os nomes confirmados figuran Pablo López, campión dominicano de bachata urbana; o DJ Johnny; e a roda de casino da Familia Zamora, entre outros.

O programa amplíase este ano con máis obradoiros pola tarde e “shows” o venres e sábado, para rematar cunha festa social: o venres 29 na rúa Alcalá Galiano e o sábado 30 na avenida do Malecón a partir das 23:00 horas.

A variedade de estilos será outro dos atractivos, xa que, ademais de bailes latinos e de salón, o público poderá gozar de baile moderno, comercial dance, hip hop, baile africano e propostas das escolas convidad

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.