Noia e Carnota reciben 22.000 euros para actuacións no Coliseo Noela e na Axencia de Lectura municipal respectivamente.

14 Agosto 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude aprobou o investimento en Noia é de 11.000 euros para o cortalumes e actuación prevención de incendios no teatro Coliseo Noela mentres que en Carnota recibirá 11.500 euros para a mellora das instalacións da axencia de lectura municipal.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver as axudas para a mellora de equipamentos culturais que, nesta convocatoria, contribúen á mellora de 44 infraestruturas de toda Galicia. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de 500.000€ destinada a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais para modernizar estes espazos.

Deste xeito, tal e como se publica no Diario Oficial de Galicia, estes apoios incrementarán a calidade da oferta cultural de 20 centros bibliotecarios, 13 centros ou locais socio-culturais, cinco casas da cultura, un salón de actos, tres auditorios, un xeoparque, un teatro coliseo, un museo e un pazo. Do total dos proxectos, 22 están na provincia da Coruña, 11 na de Lugo, 6 na de Ourense e 5 na de Pontevedra.

Esta convocatoria axudará a sufragar os gastos de reformas, obras de ampliación ou traballos de mellora da accesibilidade. Ademais, tamén poderán destinarse a adquirir equipamento como material escénico, iluminación, son ou audiovisual, entre outros.

Estas axudas enmárcanse no compromiso da Xunta por mellorar e impulsar o equipamento das unidades culturais galegas e garantir o acceso á cultura a todos os galegos en liña co futuro plan de modernización das infraestruturas culturais públicas de Galicia, a folla de ruta na que traballa o Goberno galego. De igual xeito, encádrase na Lei de cultura inclusiva e accesible que entrou en vigor a principios deste mesmo ano, pioneira a nivel europeo e que inclúe medidas para facilitar o acceso universal á programación cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.