Falece aos 82 anos o actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, figura clave do teatro galego

10 Agosto 2025

O mundo da cultura galega está de loito pola morte do actor, dramaturgo e director Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira do Valadouro, 1943), falecido na madrugada deste domingo na Coruña aos 82 anos. O seu corpo será velado no tanatorio Servisa e posteriormente incinerado na intimidade familiar.

Recoñecido popularmente polos seus papeis televisivos en series como Mareas Vivas —onde interpretaba a Melgacho— ou Fariña —no papel de Vicente Otero, “Terito”—, Lourenzo deixa un legado inmenso no teatro galego, ámbito no que destacou como creador, docente, tradutor, ensaísta e dinamizador cultural.

Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona e mestre de formación, foi pioneiro na creación de grupos e compañías independentes desde os anos sesenta. En 1978 refundou a Escola Dramática Galega e en 1980 puxo en marcha a Compañía Teatral Luís Seoane.

A súa obra dramática, con máis de 150 pezas escritas e catro ensaios sobre teatro galego, valeulle recoñecementos como o Premio Nacional de Literatura Dramática (1997, por Veladas indecentes) e o Premio Nacional das Artes Escénicas (2008).

No audiovisual, participou en máis de quince series e filmes como O lapis do carpinteiro, Os mortos van á presa ou Entre bateas. En 2021 recibiu o Premio Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual na gala dos Mestre Mateo, e en 2024 foi distinguido co Premio da Cultura Galega.

A súa traxectoria deixa unha pegada profunda no panorama cultural e artístico de Galicia, sendo lembrado como un referente imprescindible para o teatro e as artes escénicas do país.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.