Este venres celébrase en Asados a Festa da Carballeira (e o domingo a Festa das Avoas)

05 Agosto 2025

A nova edición da Festa da Carballeira de Asados (Rianxo) celebrarase este venres 8 de agosto a partir das 20.30 horas, na Carballeira do Cura. Arrincará cunha actuación do clown Peter Punk, e proseguirá cunha mexilloada popular e sorteos. Pola noite haberá música a cargo da Orquestra Neverloura, Silvaredonda e Yaya DJ. A festa está organizada pola Comisión de Festas de San Pedro de Vilas coa colaboración do Concello.

A troula na Carballeira do Cura de Asados non rematará este venres xa que o domingo 10 de agosto está prevista a Festa das Avoas, que comezará cun pasaldeas con Os Liantes, Os Mersenarios e os Fabulosos da Baña. Ás 12.00 horas actuará a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo e logo haberá unha sesión vermú con Eva e Camilo e máis un xantar popular e veciñal. Ás 17.00 horas volve a música con Cé Orquestra Pantasma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.