Santiago comparte con Padrón a súa experiencia en materia de vivenda e turismo

04 Agosto 2025

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto coa concelleira de Turismo e co concelleiro de Urbanismo, Míriam Louzao e Iago Lestegás, a concelleira de Urbanismo e de Turismo de Padrón, Chus Campos Varela, e persoal técnico dos dous concellos, mantiveron este luns 4 de agosto unha xuntanza no Pazo de Raxoi (en Compostela) para compartir a experiencia compostelá á hora de impulsar iniciativas en dous temas fundamentais: garantir vivendas accesíbeis para a poboación residente e procurar un equilibrio entre o turismo e a veciñanza.

Trátase da primeira reunión entre os gobernos municipais de Santiago de Compostela e de Padrón, de carácter institucional e técnico, para avanzar “con criterios uniformes” e “visión estratéxica” en cuestións como a implantación da recarga sobre o imposto autonómico ás estadías turísticas, o regulamento dos pisos turísticos e o traballo para solicitar a declaración como zona de mercado residencial tensionado.

Trala xuntanza, a rexedora compostelá explicou que foron tratadas “cuestións que temos en común e que nos preocupan aos dous concellos” e que resumiu na necesidade de “garantir o dereito á vivenda para o conxunto da poboación e buscar o equilibrio e a convivencia entre as persoas que nos visitan e a veciñanza”.

Goretti Sanmartín explicou que tanto Santiago como Padrón teñen en común que reciben un gran número de persoas procedentes do Camiño de Santiago, mais tamén por cuestións laborais, no caso de Padrón polas industrias alí asentadas, e no caso de Santiago por ser o centro administrativo e sanitario do país, ao que hai que engadirlle a poboación estudantil. A alcaldesa explicou que “sempre queremos manter un diálogo institucional cos concellos que teñan os mesmos intereses, xa o fixemos anteriormente con outros concellos cos que tamén compartimos a nosa experiencia, e tamén a través doutras redes institucionais como o Grupo de Cidades Patrimonio”. Neste sentido, asegurou que o obxectivo da xuntanza é sentar as bases para “traballar con liñas estratéxicas e de mirada longa, que nos vaian marcando cal vai ser este camiño que queremos deseñar, fundamentalmente desde os ámbitos de Urbanismo e de Turismo para poder tomar decisións que guíen o futuro dos nosos concellos nos próximos 10 anos”.

Pola súa banda, Anxo Arca asegurou que á hora de “garantir a calidade de vida e a habitabilidade no noso municipio e ao mesmo tempo ofrecer experiencia turística de calidade, o exemplo márcao Santiago” e, neste sentido, explicou que “o que necesitamos é uniformizar os criterios e os regulamentos que aplicamos os municipios que temos unha gran cantidade de visitantes ligados ao Camiño”.

O rexedor padronés tamén se amosou seguro de que este tipo de colaboración institucional “a medio prazo” vai ser máis habitual “independentemente da cor política dos gobernos de cada municipio, porque o que necesitamos é ser capaces de desenvolver políticas de longa duración, que teñan unha visión panorámica da situación e que garantan a habitabilidade e calidade turística”.

Anxo Arca tamén aproveitou para salientar o feito de que esta colaboración afonda “na relación fluída” que manteñen os dous concellos e que vai máis alo dos actos institucionais propios da irmandade entre Santiago e Padrón -que se celebran polas festas do Apóstolo e da Pascua-.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.