Suso Montero inaugura en Porto do Son a mostra fotográfica “As Mil Caras de Montelouro”

04 Agosto 2025

Dende esta pasada fin de semana podemos visitar unha nova exposición no Barbanza: a mostra fotográfica As Mil Caras de Montelouro de Suso Montero, que foi inaugurada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Porto do Son e que estará dispoñíbel para desfrutala até o vindeiro 14 de agosto (con entrada libre). Na apertura da mostra Montero estivo acompañado polo alcalde Luis Oujo e máis a concelleira de Cultura, Alicia Martínez. Na colección de fotografías, tal e como se explica no seu título, réndese homenaxe a un dos grandes emblemas paisaxísticos e ambientais da ría de Muros e Noia e de toda a costa galega: o monte Louro. Suso Montero (1961) é un profesor e fotógrafo compostelán afincado en Porto do Son.

A mostra acompáñase dunha cita literaria do escritor norteamericano Paul Auster que nos achega unha clave para afrontala e comprendela en todos os seus detalles: “Se non te tomas tempo para mirar, nunca conseguirás ver nada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.