O Bono Peixe supera xa as 75.000 descargas

30 Xullo 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, realizou este 30 de xullo unha visita a unha peixería da Praza de Abastos santiaguesa onde destacou que xa son máis de 75.000 as descargas dos Bono Peixe, nas súas palabras “unha cifra que non deixa de medrar e que amosa o interese dos consumidores nesta iniciativa coa que o Goberno galego pretende afondar na promoción e incentivo do consumo do peixe e mariscos frescos entre a cidadanía”.

A responsábel autonómica sinalou que na actualidade xa hai 275 peixerías adheridas na provincia da Coruña, 29 das cales pertencen á capital galega. “Uns números”, dixo, “que poden medrar nos vindeiros días xa que o prazo de adhesión continúa aberto ao longo de toda a vixencia do programa de fomento do consumo”. Esta liña, recordou que estes bonos permiten aos consumidores acceder a descontos do 25% nas súas compras ata un máximo de 5 euros semanais. No caso de non facer uso de parte do saldo, poderase acumular nas sucesivas ata un máximo de 25 euros.

Marta Villaverde salientou que Galicia volve a estar á vangarda na promoción dos produtos pesqueiros cunha “medida pioneira e específica para incentivar a presenza destes alimentos na cesta da compra e que xogan un papel fundamental no marco dunha dieta equilibrada”.

Indicou que, ademais de beneficiar a saúde da cidadanía, consumir os produtos do mar de xeito frecuente contribúe a reforzar a cadea mar-industria, á vangarda tecnolóxica e referente internacional en sostibilidade.

Os bonos teñen formato dixital e deben ser descargados polos usuarios previamente na web bonopeixe.gal. Desde este momento, e a través dun código QR, estarán dispoñíbeis para o seu uso nunha aplicación específica que permita realizar os pagamentos. No momento da compra, os usuarios deberán ir acompañados do seu DNI ou indicar o seu número de teléfono móbil para certificar que son beneficiarios desta iniciativa deseñada polo Goberno galego, destinada a “incentivar o consumo e de apoiar a actividade dos operadores comerciais minoristas, pero que son determinantes para garantir a seguridade alimentaria aos consumidores”.

Villaverde lembrou que os usuarios poderán empregar 5 euros semanais (cun 25% desconto por compra, ata ese límite), coa posibilidade de acumular o saldo non gastado ata un máximo de 25 euros, e que poderá usarse en sucesivas semanas (máximo dez) ou ata que se esgote o crédito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.