Titiriberia estreará en Rianxo sete novos espectáculos na súa décima edición, que se celebrará entre o 12 e o 17 de agosto

28 Xullo 2025

O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebrará en Rianxo a súa décima edición entre o 12 e 17 de agosto. Segundo comunicou a organización, este ano o programa “incluirá sete estreas absolutas”, das cales cinco son as novas propostas escénicas de catro compañías galegas. As outras dúas son montaxes colectivas producidas polo propio festival nos que participan diversas formación e artistas que actúan este ano no Titiriberia.

A primeira estrea chegará o martes 12 de agosto ás 12.00 horas: A festa dos títeres. Trátase dunha ruada inaugural producida polo propio festival e que inclúe a participación de Viravolta, Títeres Alakrán e da formación musical Vai de Roda. O seu punto de partida será o Auditorio de Rianxo e circulará polas rúas e prazas da localidade.

O xoves 14 chegaralle a quenda á segunda produción propia de Titiriberia: As varietés de Barriga Verde, un espectáculo de variedades pensado para o todos os públicos que se celebrará ás 22.00 horas no Campo de Arriba.

No apartado de estreas das compañías, a primeira en presentar o seu espectáculo será Trécola, que dará a coñecer ao público rianxeiro a súa obra Pituquito Literal no Parque de Santa Lucía, en Asados, o xoves 14 de agosto ás 11.00 horas. Xa o día seguinte, na praia de Tanxil ás 13.00 horas, A Cova das Letras representará Costureiriña bonita.

O sábado 16, Seisdedos Marionetas tradicionais presentará dúas novas propostas: Teatro de mochila, que se poderá ver no Campo de arriba ás 12.30 horas, e Cantar do ano, que estará no mesmo espazo ás 20.00 horas. Por último, o grupo de Teatro Airiños actuará, tamén o sábado no Campo de arriba ás 12.00 horas, coa súa nova edición Os casos da Feira Vella.

Exposición

Un ano máis, Titiriberia colabora co comercio local da man da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE). E faino cunha nova exposición que encherá de monicreques os escaparates dun total de dez establecementos en Rianxo: Don Dino, Cenor ROT, Óptica Rianxo, Nenis, Costuras para Soñar, Irazi, Zapaterías Marty, Material de Construción e ferraxería Luis Vidal, Peluquería Imperial e Estanco Xacobiño. Nestes locais distribuirase a mostra 25 anos de Títeres Alakrán, compañía galega referente no noso teatro. Alakrán, ademais de amosar as súas creacións a través desta mostra, participa no programa desta décima edición de Titiriberia con dous espectáculos: O Xigante Barriga Verde e A vella do gaiteiro. A exposición, que xa está aberta nos establecementos citados, permanecerá aberta até o 18 de agosto.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.